Two boys from Zavala
[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/4mdJhAWm3ss" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
uma experiéncia musical galego-mozambicana
[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/4mdJhAWm3ss" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/MMNQ9D5jmlQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/0gZFUjKa0FE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Mais como di Osório, este non é o final da história, é o final da primeira parte da historia. Os músicos de Timbila Muzimba xa voltaron para Mozambique e os que acá ficamos non acabamos de acreditar. Todo pasou tan rápido! Foron apenas 3 meses para aprender a estar e tocar xuntos. Bos concertos, boas festas, boas risas e boas memorias. Finalmente, o concerto previsto para Rianxo non puido celebrarse, quedou aí unha espiña cravada, porque Matchume -de quen aínda non falara a pesar de ser tamén un dos músicos de Timbila que máis empeño puxo para facer Bumba posíbel- veu a Santiago directamente do festival de Avignon para tocar connosco. Pena, só puidemos tocar no ensaio. Ficou como último concerto o da Quintana, e será xa para todos nós unha data inesquecíbel. Gravamos o espectáculo, audio e vídeo. Esperamos que de aí saia un documento non só para a nosa lembranza, senon tamén para dar a coñecer Bumba a todos os que non puideron coñecelo. Un documento para que Bumba siga vivo. De momento, este blog vai continuar.
Concertos de xullo
Dia Lugar
8 Mondariz (Pontevedra)
9 Monterroso (Lugo)
13 Valdoviño (A Coruña)
14 Torres Novas (Portugal)
16 Queluz (Portugal)
18 Barbadás (Ourense)
19 Ribeira (A Coruña)
20 Tondela (Portugal)
21 Santiago de Compostela
24 Rianxo (A Coruña)
Aproveitando os dias libres antes do noso próximo concerto, entramos no estudo da man do noso ‘xeneral’ Toño Vázquez para gravar catro pezas: M’tumane, Olhar Azul, O emigrante e Two boys from Zavala. Esperamos colocalas neste blog cando as rematemos. Os Timbila viaxan tamén esta semana a facer un obradoiro para rapaces coa xente de Ponte nas Ondas. A próxima presentación de Bumba! será en Vilaboa (Pontevedra) o domingo 25 de Xuño. Warrethwa!
Por fin, logo dunha longa viaxe comeza outra. O día 4 de maio Cheny, Tinoca, Osóri e Celso, membros do Timbila Muzimba, de Maputo, Mozambique, chegaron a Tondela para se reuniren con Fran, Marcos e Pepe, do grupo galego narf, e co baixista Mariano Martos, para darlle forma a BUMBA! un espectáculo musical que reúne as ideas e os xeitos dos dous grupos.
Logo de apenas tres días de ensaio, Bumba preséntase no auditorio da Acert nunha pre-estrea urxente cun repertorio de 17 músicas. Como foi posíbel? Non se sabe ben, Bumba ten algo de máxico. Houbera antes conversas, viaxes, emails, chamadas, mp3 viaxeiros, ideas. Todo se concretou apenas nuns ensaios, as pezas do puzzle foron encaixando naturalmente, a idea que cada un pensara foi abrindo o seu camiño no plano, e Bumba saltou ao palco. O día 10 de maio presentouse nun ateigado Auditorio da Universidade de Santiago. Bumba dá os primeiros pasos. En Lugo, no Gustavo Freire, o día 11, Bumba xa empeza a danzar, o público únese á festa e sobe ao palco. En Boiro, na estraña carpa da Cultura Circula, continúa a festa… e vai seguir.
Bumba vai andar entre Galiza e Portugal ata finais de Xullo.
Vas vir bumbar?
Powered by WordPress