Que é BUMBA?
BUMBA é unha confluencia ou un enxerto. Conflúen as músicas ventureiras e asilvestradas de Narf e Timbila Muzimba e, no encontro, uns pretenden enxertar nas pólas dos outros unha xema de froito diferente.
Timbila Muzimba son músicos fillos de músicos que mamaron o toque do batuque e a harmonía das orquestras de timbilas* do sul de Mozambique. Levan a sabiduría tradicional á capital, Maputo, e no trasplante urbano, a súa música transmuta nun choque eléctrico. Quen ve Timbila Muzimba, ve o pulso, o espíritu, o trance e a enerxía dun choque único.
Narf é Fran (Pérez) ao revés, isto é, as raíces no aire e a voz na terra. A súa viaxe é inversa. Formado na música eléctrica urbana (rock, teatro) e cultivado en diversas habilidades compositivas, torna no proxecto Narf cara a intimidade acústica centrada no texto e na voz. Unha das voces máis sólidas e peculiares das que falan galego e unha música que teima en aventurarse fóra dos regos do moderno e o tradicional na percura de novas especies.
BUMBA conserva a sorpresa do primeiro encontro. Procura buscar o primordial de ambas aventuras e madurar os frutos deste gallo emocionante e distinto que hoxe nace.
*Timbila: xilófono ou balafón, con láminas de madeira e resonadores de cabaza, típico do pobo Xopi en Mozambique.